Tuesday 07 de May de 2024

89 bailaríns estenderán o seu arte por Riveira na sétima edición de Salsa na Rúa


O festival celebrarase este sábado a iniciativa de El Tomasón

Este sábado 27 de agosto regresa o festival Salsa na Rúa na rúa última edición con máis horas de espectáculo que nunca.

O director da Escola de Baile El Tomasón, Orlando González, xunto á concelleira de Cultura Fabiola García e aos profesores do citado centro Félix Verdes e Diana Fernández (tamén integra o staff técnico Tania Dorca), compareron hoxe no Consistorio para desgranar a programación, que contará cun total de 89 bailaríns que estenderán o seu arte e talento pola cidade de Riveira.

Orlando González explicou que nunca tantas horas de actividade se tiñan celebrado en Salsa na Rúa. De feito, o calendario de eventos comezará ben cedo: ás 11 horas na rúa Alcalá Galiano con talleres e animación que se prolongarán ata as 14 horas.

Ás 14.30 horas o foco de atención trasladarase á porta do Sol, onde terá lugar unha exhibición centrada especialmente no público infantil.; mentres que ás 15.30 horas regresarase a Alcalá Galiciano para acoller a actuación Concierto Sentido, enfocada a un público máis adolescente e xuvenil e que terá no reguetón e no salsatón os seus estilos imperantes.

Por fin, a partir das 22.30 horas no Malecón terá lugar a xa tradicional Gran Gala de Clausura con participación das escolas Baila Conmigo (de Celanova), Bailavigo (da cidade olívica) e Swing Girls, Diana Fernández e Ito, Luizinho e Janet, Arabesque e Salsanova, ademais de Orlando e Tania.

En canto aos estilos do festival, haberá todo tipo de bailes latinos: salsa, folclore e roda de casino cubano, bachata, zouk, kizomba, zumba, hip-hop e incluso tango.

Dende a organización se quixo destacar o alto número de colaboradores deste ano, Entre eles, e ademais do Concello de Riveira: Cafetería Bulebar, Bar Nuevo Noruego, Administración Lotería la Fortuna, Administración Lotería Nº1, Cafetería Oliver & Stanley, Cadena Master, Bar O Balado, Gadis, Bar Ventos Vellos, Don Karamelo, A Recoveira, Inelcea, Tapería Atalaya, Vinte Var, Don Glotón, Cagetería O Luscofusco, Cofradía da Dorna, Cruz Vermella e Geriatros de Riveira.